mércores, 22 de decembro de 2021

Decembro: O Nadal

 Decembro. O Nadal

All I want for christmas is you. Mariah Carey

A profe Rita ensinounos a seguir este musicograma cos instrumentos da aula. 


E con esta peza a profe Rita deixanos esta mensaxe: 

"Foi un enorme pracer traballar con vós neste tempo. Deséxovos un bo nadal e que sigades desfrutando tanto da música como a desfruto eu. Agarimos para todas e todos!"

Rita



martes, 21 de setembro de 2021

Curso 2021-2022

Novo Curso 2021- 2022

Benvidas e Benvindos!

Volvemos vernos no CEIP Fogar neste novo curso. 

CARPETA:

Neste curso imos traballar con documentos fotocopiados, polo que cómpre ter unha boa carpeta para poder gardalo todo coa maior orde posible. Podemos empregar un arquivador de 4 aneis, unha carpeta de fundas plásticas ou mesmo unha carpeta de plástico ou cartón, con gomas. 

INSTRUMENTOS:

Tampouco imos poder empregar a frauta doce na aula, polo que poderemos mercar un pequeno metalófono con boa calidade sonora, e de ter cores, coas cores que xa sabemos que deben ter as notas da escala. 

Hai moitas marcas e tipos. Iremos poñendo marcas e modelos asequibles nas seguintes datas. 

A compra do metalófono ou xilófono será voluntaria


Stagg META-K8 (entre 15€ e 20€)


Opcións:

KYARTY

ALFASONI

PAUTA


Podedles buscar outras opcións. 




Metalófono de 25 placas con funda (entre 25€ e 35€)

Opcións: 

MUSICAL JR - CARBALLO

KYARTY

ALFASONI

PAUTA

PERCUFEST

THOMANN


luns, 8 de marzo de 2021

8 Marzo

 Día da Muller

Neste enlace podedes ver un mapa interactivo de Galicia, no que atoparedes algunhas das moitas mulleres referentes nos distintos campos da nosa sociedade.

Un Saúdo

Algunhas das mulleres pioneiras que estudamos no cole quixeron enviarnos unha mensaxe: 

As mestras do CEIP Fogar

As mestras do noso cole quixeron render unha homenaxe a algunhas destas grandes mulleres da nosa historia. 


mércores, 20 de xaneiro de 2021

Creando enlaces

Poñendo un enlace  🔗

 Para compartir a música que nos gusta ou a que empregamos para facer unha tarefa podemos indicar o que teñen que copiar e pegar nun buscador ou Crear un Enlace. 

É unha palabra (ou máis) na que podemos facer "clic" e ir directamente ao sitio web que nos recomenda. 

Imos aprender neste vídeo: 



sábado, 2 de xaneiro de 2021

Concerto de Ano Novo 2021

Feliz ano 2021!!

Para aquelas familias que madrugastes onte, e que vos lembrastes de ver o Concerto de Ano Novo en RTVE 1, non vos contarei ningunha nova. 


Para o resto, deixovos este enlace ao Concerto Completo.

Podedes ver que polas circunstancias especiais están tocando nunha sala en condicións especiais...

Pero se non vos apetece velo neste momento, podemos desfrutar da famosa Marcha Radetzky que se interpretara no 2018 pola mesma orquestra e director, pero neste caso con público. 


mércores, 30 de decembro de 2020

Concerto de Ano Novo 2021

 Concerto de Ano Novo


Como tódolos anos, asistiremos ao concerto de Ano Novo 2021. Este concerto é de sonada importancia e moitas persoas o vemos dende os nosos fogares. 

Non hai que madrugar moito: ás 11:15 da mañá. 

Poderemos escoitar e ver a marabillosa Orquestra Filharmónica de Viena. 

Para ver o programa do concerto: clic aquí

Espero que nos guste!!!



venres, 25 de decembro de 2020

Concerto de Nadal

 Concerto de Nadal

Aquí podemos ver e escoitar o concerto de Nadal deste ano, que puidemos ver en La 2 de RTVE.

Programa: 
1. El Barbero de Sevilla: Obertura. 
            G. Rossini (1792-1868)
2. Bohemios: Intermedio. 
            Amadeo Vives (1871-1932)
3. El Danubio Azul (min. 25:20)
            Johann Strauss (1825-1899)
4. Suspiros de España (min. 37:12)
            Antonio Álvarez (1867-1903)
5. Nabucco: Obertura (min. 42:24)
            Giuseppe Verdi (1813-1901)
6. El Murciélago: Obertura (min. 51:47)
            Johann Strauss (1825-1899)
                ---    
Bis. Noche de Paz
        F. Gruber / A. Luck

O máis visitado foi