Imos tocar o Ukelele
Neste curso tan peculiar, no que non podemos tocar frautas e resulta moi complicado levar o teclado ás aulas, tedes a posibilidade de traer algún dos vosos instrumentos ás aulas.
Non será preciso que merquedes uns instrumento, pero como sabedes, as persoas que xa os tiñades, tedes un lugar na aula de música para expresar os vosos sentimentos.Tablatura e nomes das Notas
Acorde: un grupo de tres ou máis notas que sonan simultáneamente.
Tablatura: é a notación simplificada, que se basea na representación da posición da nota na corda do ukelele.
Para os acompañamentos que fagamos aprenderemos antes algúns acordes. Estes serviranvos máis adiante para cantar as cancións que máis nos gustan, sexa no cole ou non.
Os nomes das notas e dos acordes:
Moitas veces os nomes das notas e acordes que atoparemos nas cancións son simplemente letras.
do re mi fa sol la si
C D E F G A B
Os nomes dos acordes son semellantes, pero en maiúscula nos dous casos (Do / C)
Tablatura do Ukelele
Dando unha volta polas redes poderedes atopar moitísimos acordes e a súa tablatura, pero imos ver o máis básico para comezar.tablatura para imprimir (completa)
![]() |
| Acordes maiores |
Os Acordes Básicos
Para acompañar a gran maioría das cancións que faremos na aula, antes deberemos aprender algúns acordes básicos.
1º. Se aprendemos os acordes de Do e de Sol xa podemos facer moitísima música.
2º. Se seguimos instroducindo o acorde de Fa, xa temos para unha festa.
... máis adiante, máis...😉
Recomendacións
Podedes visitar esta páxina:
Ukecosas, nesta páxina podemos descargar de forma gratuíta guías de acordes para ukeleles de diferentes afinacións.
Guitarraviva. é unha canle de youtube na que se presenta un curso completo de Ukelele, dende a explicación das súas partes ata os acordes.
Ukelelería, é outra canle de youtube onde nos ensina a tocar os tres primeiros acordes C, F, G.


vale moitas grazas
ResponderEliminar