martes, 27 de outubro de 2020

O Samaín no CEIP Fogar

O Samaín 🎃 no Fogar

(para nenos e nenas de 4º, 5º e 6º)

Como sempre, o Outono táenos noites longas e algo de terror. 👻💀

Para aquelas e aqueles e aquelas que desfrutades de investigar deixamos un misterio moi complicado. Ármate de valor (e de lápis e papel) para cazar aos monstros da Galicia.





O Magosto no Fogar

 O Magosto 🌰🌰🌰 no Fogar

(para nenos e nenas de 1º, 2º e 3º)

Parece que como tódolos anos, a chegada do Outono anuncia tamén a chegada do Magosto, época na que  comemos castañas e facemos tantas cousas que nos gustan. 

Neste ano tan peculiar non imos deixar de celebralo e dende o cole CEIP FOGAR achégannos este concurso para que tratemos de descubrir ou recordar moitas cousas sobre o Magosto.


luns, 12 de outubro de 2020

Explorando polas redes

 Bo  día. 

Xa vexo que andivestes explorando pola Aula Virtual e máis polo blog. 

PARABÉNS!

Agora ficarán aquí as cancións e as presentacións para que vaiades repasando, pois en canto o teñamos clariño... haberá sorpresas!


Unha aperta!

O máis visitado foi