martes, 17 de novembro de 2020

A 5ª Sinfonía de Beethoven


 A 5ª Sinfonía de L.V. Beethoven
L. v Beethoven

Moitas e moitos de vós xa coñecedes ao gran compositor Ludwig van Beethoven. Foi un gran compositor vienés  do século XIX que a pesares da súa condición auditiva (pois perdeu gran parte da súa audición), seguiu a compoñer e incluso a dirixir a orquestra. Debemos ter en conta que naquela época non había mecanismos tecnolóxicos como agora (altofalantes, audífonos nin tratamentos especializados), polo que o seu esforzo foi aínda maior. 

A profe María recoméndanos un vídeo no que se pode "observar" e escoitar o primeiro movemento da 5ª Sinfonía. 




Percusión Corporal

Percusión Corporal

Para todas aquelas persoas que nos atopamos confinadas, sempre que teñamos saúde e ánimos para traballar, podemos probar a facer esta animada peza coa percusión corporal que nos indica o vídeo. 

Moitas e moitos de vós xa a fixestes na clase coa profe María. Podedes facela na casa tamén.

O máis visitado foi